jueves, 27 de septiembre de 2018

Aula 34, quinto de primaria.


Petan na porta. Os meniños xiran a testa coa sospeita de que van saír de clase. Un brinco de
esperanza xoga nos seus ollos. A “profe” pide dous voluntarios para cargar un paquete ata a
portaría. Iago levanta a man malia non ser demasiado rexo, e as meixelas de María tórnanse
rosadas. Ela tamén ergue o brazo, pois acostumada a axudar no taller familiar non lle custará
demasiado esforzo.
Unha gargallada xeral obrígalle a rectificar o movemento. A mestra pídelle a Xoan que vaia el, e
este levántase preguiceiro.
Unha bágoa esvara pola face da nena, ela tamén é forte.


Este microrrelato que, ao meu parecer, non é máis que un reflexo da sociedade acadou o 1º Premio
do IV Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas fai tempo e apetecíame compartilo.

1 comentario:

Aula 34, quinto de primaria.

Petan na porta. Os meniños xiran a testa coa sospeita de que van saír de clase. Un brinco de esperanza xoga nos seus ollos. A “profe” pide...